Lugo, 24 de febreiro de 2015.- O presidente provincial dos populares lucenses, Jose Manuel Barreiro, vén de anunciar que o actual alcalde de Cospeito, Armando Castosa Alvariño optará á reelección nas vindeiras eleccións previstas para o mes de maio.
Rexedor deste concello chairego desde o ano 1991, leva seis lexislaturas acadando o respaldo dos seus veciños nas urnas, sempre con maioría absoluta.
Barreiro eloxiou ao candidato popular significando que Castosa lidera un proxecto capaz e ilusionante para o municipio no obxectivo de continuar coa liña de avance experimentada nos últimos anos. Salienta que o actual rexedor foi quen de impulsar importantes melloras en infraestruturas e servizos.
Pola súa banda Castosa agradeceu a confianza nel depositada pola dirección provincial e comprometeuse a seguir traballando na defensa dos intereses dos seus veciños, de reeditar o apoio das urnas, para seguir transformando Cospeito a mellor, marcándose como prioridades o incremento e a constante mellora de servizos municipais e, o reimpulso á actividade económica e o emprego.
TRAXECTORIA POLÍTICA
Á súa traxectoria política hai que engadir outras responsabilidades xa que foi deputado provincial, entre os anos 1995 e 2011, tamén preside a mancomunidade de municipios da Terra Cha e na actualidade ostenta a condición de senador pola provincia de Lugo desde o ano 2008.
Armando Castosa é natural do municipio de Cospeito onde naceu o 22 de novembro de 1963, funcionario da Administración Local de profesión, está casado e ten un fillo.