Partido Popular de Lugo

O GPP urxe a mellora de estradas provinciais en Monforte de Lemos

Lugo 23 de febreiro de 2015.- O Grupo Provincial do Partido Popular pedirá no próximo pleno da Deputación que se acondicionen e se melloren as estradas que trascorren dende Monforte ata Rozabales e ata Currelos.

Os populares urxirán actuacións inmediatas ao organismo lucense que, de xeito reiterado, está a evadir as competencias de mentamento das estradas da súa titularidade. Esta situación, segundo engaden os populares, está a xerar malestar entre os monfortinos e está a provocar importantes prexuízos para os usuarios.

O Grupo Provincial fíxose eco das queixas que teñen trasladado os veciños a través da voceira dos populares ne Monforte, Julia Rodríguez; polo que, dende o GPP, dentro das responsabilidades que lle competen, quere facerlle chegar estas reivindicacións ao goberno popular para que actúen e dean unha resposta inmediata e en positivo.

Estrada de Rozabales
En concreto, os populares urxen que se acondicione e se mellore a LU-P-3203 de Monforte a Rozables, en mal estado a raíz da falta de conservación da Deputación, unha situación que se agudiza trala influencia das condicións climatolóxicas.

Estrada de Currelos
En canto á estrada LU-P-3202 de Monforte a Currelos, os populares piden que se ensanche o seu trazado e que se mellore o seu firme. A Deputación non realizou nin as labores mínimas de conservación (cunetas sen limpar, baches, barandillas tiradas…). Os populares lembran que existe un proxecto aprobado pola Deputación na etapa do Partido Popular para o ensanche e a mellora dun treito desta estrada e que o actual goberno bipartito desbotou sen acometer actuación algunha.

A maiores, os populares engaden que importancia e a necesidade de materializar estas melloras aséntase en que se trata dunha estrada moi transitada, que dá servizo a varias parroquias do Concello. Ademais, os populares puntualizan que LU-P-3202 comunica no seu primeiro tramo cara a feira, conservéndose, polo tanto, nunha estrada pola que transitan moitos peóns e que precisa dunha mellora do firme e acondicionamento da zona pola que pasan os veciños, ademais de ser necesario un repintado.