Lugo, 22 de febreiro de 2015.- O presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, anunciou hoxe que a actual alcaldesa de Folgoso de Caurel, Dolores Castro Ochoa, repetirá como cabeza de lista do PP neste municipio de A Montaña.
Barreiro agradeceu a “boa dispoñibilidade e bo facer” da candidata e actual rexedora, que dende fai seis anos goberna o concello de Caurel. “Lola é un exemplo centrado no ben dos veciños e no avance do concello”.- manifestou.
Pola súa banda, a actual rexedora e candidata, mantivo unha xuntanza co comité local e tras consensuar con todo o equipo esta iniciativa, deixou claro que continuará traballando por e para os seus veciños: “os meus cidadáns son a miña prioridade e o seu benestar o meu principio”- manifestou.
BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA
Dolores Castro Ochoa naceu o 5 de maio de 1977. Militante de Novas Xeracións é alcaldesa de Folgoso de Caurel dende o ano 2009. Secretaria de dirección, residiu durante oito anos en Barcelona, de onde regresou no 2005. Encabezou a candidatura do PP á alcaldía deste municipio nas eleccións municipais de 2007 e 2011.