Partido Popular de Lugo

O PP burelés comeza unha serie de reunións con colectivos

O Partido Popular de Burela comezou hoxe venres unha serie de reunións con colectivos do concello para coñecer de primeira man propostas de cara a incluír no programa electoral. Os populares, que hoxe se reuniron cos colectivos de inmigrantes, pretenden recabar información, sobre todo, referida ó funcionamento e necesidades dos propios colectivos, pero tamén a nivel xeral do concello.

Deste xeito, entenden desde o PP burelés que “demostramos, unha vez máis, que estamos en contacto coa cidadanía e coas súas preocupacións, e que queremos aportar solucións factibles na medida do posible”. De feito, para a vindeira semana están previstas outras dúas reunións máis.

Dentro do traballo de precampaña electoral, os tres comités de traballo creados no seno do partido (electoral, de programa e de campaña) están traballando a bo ritmo e confían en ter pechados os seus cometidos na primeira quincena de marzo. Fontes do partido aseguraron que “a implicación das bases do partido está sendo importantes, e os grupos de traballo están sendo moi participativos”.