Partido Popular de Lugo

Jose Yáñez García candidato popular á alcaldía de A Pastoriza

Jose Yáñez García volverá a ser o cabeza de lista polo Partido Popular nas eleccións previstas para o vindeiro mes de maio. Así o confirmou hoxe o presidente provincial dos populares lucenses, Jose Manuel Barreiro, quen o definiu como unha persoa que sempre demostrou, con creces -“e o fai unha vez máis”- o seu compromiso co seu pobo e cos seus veciños.

“Ninguén mellor que Pepe Yáñez coñece A Pastoriza. E ninguén mellor que el para capitanear un ambicioso e ilusionante proxecto de futuro para este concello. Para que A Pastoriza recupere o protagonismo que sempre mereceu. Para que volva o mellor, tras anos dun bipartito que demostrou unha evidente parálise”-indicou Barreiro.

Defensor  infatigable dos intereses da Pastoriza, un dos feitos que maior satisfacción lle produciron na súa etapa como presidente e portavoz do Grupo Municipal Popular foi a recuperación do servizo veterinario. Unha demanda e xestión que liderou, de primeira man o propio candidato ante a Xunta, consciente da importancia que a gandaría ten nun dos concellos galegos con máis reses de vacún.

Foi tamén o gran impulsor de importantes infraestruturas e servizos cos que conta este municipio chairego, durante a súa prolífica etapa como alcalde, cuestión que procurará ampliar grazas á boa sintonía coa Xunta e co Goberno central. Con todo, anuncia que seu obxectivo é “crear un equipo capaz de transformar e modernizar A Pastoriza”, para convertelo nun municipio con “máis oportunidades para todos, especialmente para os que seguen crendo e apostando por este concello”

LONGA TRAXECTORIA, SALIENTABLE EXPERIENCIA

Jose Yáñez, industrial e empresario, foi alcalde da Pastoriza durante o período comprendido entre 1983 e 2007, cando abandonou a primeira liña política por mor dunha enfermidade, afortunadamente xa superada. En 2011 regresou para encabezar a candidatura popular e foi quen de facela a lista máis votada. Con todo, un pacto entre PSOE e BNG arrebatoulle a alcaldía, desde, entón exerceu as funcións de portavoz da oposición e presidente do Partido Popular local.