Lugo, 16 de febreiro de 2015.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, defende que o Plan de Obras e Servizos que una vez máis presenta a Deputación de Lugo é “realmente un plan de obras que se fai gracias ao esforzo dos concellos”. Así, a popular aclara que do total achegado para obras municipais, a contía aportada polos Concellos supera en máis do 20% á da administración provincial.
Neste senso, a voceira dos populares critica o “descaro propagandístico” do presidente da institución lucense, José Ramón Gómez Besteiro, á hora de vender o que Candia cualifica como “o peor plan de obras de Galicia, cunha achega por parte dos concellos superior á da Deputación”.
Critica Elena Candia que a Deputación de Lugo achega 959.529,16 euros para obras municipais e os concellos aportan 1.228.382,85 euros.
Para a popular o POS deberíase chamar “plan dos concellos”, xa que a contribución económica das administracións locais para obras municipais supera en máis de 260.000 euros a do ente provincial.
Partindo das mesmas circunstancias, a Deputación Provincial de Lugo achega aos concellos 959.529,16 euros; mentres que a da Coruña aporta 24,2 millóns, a de Pontevedra 12 millóns e a de Ourense 4,8 millóns.
Por último, a popular explica que un concello de Lugo recibe da Deputación un 93,5% menos ca un da Coruña con extensión e número de poboación similares. Así, Candia cita como exemplo Outeiro de Rei que recibe unha dotación da Deputación que escasamente supera os 14.000 euros, fronte aos 224.057,83 que recibe, por exemplo, Curtis.