Partido Popular de Lugo

Tobías Martínez repite como candidato popular á Alcaldía de A Fonsagrada

Lugo 15 de febreiro de 2015.- O presidente provincial do Partido Popular en Lugo, José Manuel Barreiro, anunciou hoxe que Tobías Martínez volverá a ser o candidato popular á Alcaldía de A Fonsagrada.

O presidente provincial define ao candidato como unha persoa honesta, seria e moi cercana, e afirma que reúne todos os requisitos necesarios para ser rexedor. Anímao a traballar duramente para conseguir a alcaldía e desbancar ao PSOE do Goberno.

Con esta, é a terceira vez que Martínez encabeza neste concello a lista dos populares de cara as eleccións municipais. Insiste en que o seu principal reto é gañar a alcaldía e revelar o tempo perdido que supón  para este municipio estar rexido por gobernos paralelos. Di que non escatimará o mínimo esforzo para logralo.

Compromete traballo e ten como obxectivo impulsar un proxecto capaz de xerar maior ilusión entre os veciños, pois confía nunha Fonsagrada máis ambiciosa, no conxunto da comarca e da provincia e de maior sintonía coa Xunta e o Goberno central.

Tobías Martínez naceu en Abres, Vegadeo, o 29 de xullo de 1955. Está casado e ten un fillo. Leva 36 anos en A Fonsagrada sendo edil nas dúas lexislaturas.