Partido Popular de Lugo

Eladio Capón anuncia que non encabezará a lista do PP á alcaldía de Láncara

Lugo 14 de febreiro 2015.-. O alcalde de Láncara, Eladio Capón, anunciou hoxe que non será o número un na lista dos populares para as vindeiras eleccións municipais que se celebrarán o 24 de maio.

Logo dunha decisión meditada, Capón manifesta que o PP de Láncara conta con moita xente nova para desenvolver este acometido polo que decidiu darlle paso.

O popular naceu o 6 de decembro de 1938, en San Pedro de Bande (Láncara) leva trinta anos ao fronte da alcaldía e tamén foi seis anos edil no municipio.