Partido Popular de Lugo

A XUNTA CONFIRMA NO PARLAMENTO APOIOS POR VALOR DE MÁIS DE 458.000 EUROS Á DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRA SACRA

Santiago, 13 de febreiro de 2015.- A directora de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar, Patricia Ulloa, confirmou esta mañá, a preguntas do deputado do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro na Comisión 7ª do Parlamento de Galicia, que as axudas concedidas pola Xunta de Galicia o pasado ano 2014 en apoio da Denominación de Orixe Ribeira Sacra ascenderon a 137.006,65 euros.

A maiores, a directora xeral tamén explicou que as adegas desta denominación recibiron apoios para a promoción en terceiros países (internacionalización) ou para investimentos en mellora da transformación e a comercialización. Neste caso, o importe ascendeu a 321.576,68  euros tamén na pasada anualidade.

APOIO INNEGABLE Á RIBEIRA SACRA

Estas cantidades permitiron a Balseiro cualificar como “innegable” o apoio do Goberno galego a esta denominación de orixe, ao tempo que desmenten calquera recorte á hora de impulsar unha das principais zonas de produción de Galicia, con gran tradición vitivinícola.

Balseiro segue animando ao Goberno galego a manter súa colaboración coa a DO Ribeira Sacra, que agrupa parroquias e lugares de 19 concellos, repartidos nas ladeiras ao longo das ribeiras dos ríos Miño, Sil e os seus afluentes, isto é, no sur das provincias de Lugo e norte de Ourense.

A área xeográfica desta denominación de orixe divídese en cinco sub-zonas diferenciadas: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei,  Ribeiras do Miño  e Ribeiras do Sil, onde tradicionalmente, dende hai máis de 2000 anos, elabóranse excelentes viños dunha gran personalidade.