Lugo 6 de febreiro de 2015.- Jesús María Fernández López, coñecido como Suso de Navia, encabezará a lista dos populares lucenses para os comicios electorais do 24 de maio.
Así o deu a coñecer esta mañá, o presidente provincial, José Manuel Barreiro, quen definiu ao candidato como unha persoa “emprendedora, honesta e seria” e instouno a traballar duro para lograr esta alcaldía.
Pola súa banda, o candidato manifestou que Navia de Suarna necesita un cambio urxente debido ao abandono que sufre tras o pasotismo do rexedor. Jesús María Fernández López manifesta que o pobo necesita servizos como : a traída da auga, un plan de auga, unha depuradora… polo que non pode pasar un día máis nestas condicións.
O popular, que se presenta como alternativa de cambio, comprométese a traballar duramente pensando unicamente nas necesidades e demandas dos seus veciños e do propio municipio.