Becerreá 6 de febreiro de 2015.- O candidato popular á alcaldía de Becerreá, Miguel Cela, reuníu esta tarde-noite, malia as malas condicións meteorolóxicas, a preto de 50 persoas, entre os que figuraron , afiliados e simpatizantes.
O popular abordou conxuntamente diferentes temáticas, e fixo especial fincapé, nas liñas de traballo a seguir de cara ás vindeiras eleccións municipais.
Cela expuxo aos presentes as liñas específicas e os asuntos que hai que seguir para situar a Becerreá onde se merece. Entre outros, citou a loita contra a despoboación, fixar tecido empresarial, xerar actividade económica para crear emprego e reforzar as políticas sociais.
O candidato popular instou aos presentes a traballar conxuntamente para revalidar a confianza dos veciños deste municipio nos vindeiros comicios.