Mondoñedo, 4 de febreiro de 2015.- O Partido Popular de Mondoñedo interesase pola opinión de todos os negocios da localidade sobre a instalación dun albergue de peregrinos no Mirador. Os populares repartirán unha enquisa entre os comercios “para coñecer a opinión de todos”.
O PP explica que foron moitos os responsables de establecementos locais que desaconsellaron esta ubicación para a dotación dun novo albergue xa que afasta aos peregrinos de Mondoñedo. Co obxecto de corroborar que esta opinión é extensible á gran maioría dos negocios municipios, os populares quérenlle dar a oportunidade de opinar a todos sen que haxa exclusións.
Dende o Partido Popular explican que a finalidade desta enquisa é a de actuar defendendo a opinión maioritaria dos veciños de Mondoñedo, xa que a prioridade do PP e a de darlle un pulo económico e social ao municipio a través do consenso e do traballo conxunto.
Os populares lembran que a idea de adecuar o Mirador como albergue de peregrinos nace do PSOE, pese a que o rexedor local ten manifestado que esta non era a mellor ubicación posible. Así, tendo en conta que moitos comerciantes trasladaron o seu descontento sobre esta situación, os populares queren contar coa opinión de todos os afectados.A liña de traballo dos populares é moi diferente á dos socialistas. Ao Partido Popular interésalle Mondoñedo e, polo tanto, defende aquelas iniciativas que poñen en valor os recursos locais ao mesmo tempo que xeran riqueza na localidade.
Por último, os populares lembran o deterioro que sufriu o Mirador en mans dos socialistas da Deputación de Lugo.