Lugo, 4 de febreiro de 2015.- O presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, vén de anunciar que Jesús Carreira Ferreiro será de novo o candidato popular á alcaldía de Guntín.
Carreira é o actual rexedor do municipio lucense, responsabilidade que ostenta dende que en 1991 encabezara por primeira vez a candidatura do PP, resultando elixido alcalde con maioría absoluta.
Barreiro lembra que a dedicación “admirable e comprometida” do candidato popular con Guntín permitiu que o alcalde revalidase a maioría absoluta en todas as sucesivas eleccións.
O presidente dos populares defendeu a xestión de Carreira no concello durante os preto de 25 anos que leva á fronte da alcaldía e definiuno como unha persoa “moi próxima aos veciños, honesta, traballadora e cun forte compromiso público co seu municipio”.
Jesús Carreira naceu en Guntín o 8 de marzo de 1951, polo tanto, accedeu á alcaldía por primeira vez con 40 anos. Está casado, ten dous fillos e é xubilado do sector bancario, profesión que durante anos compaxinou coa súa xestión no Concello. Carreira é deputado provincial, preside o comité local do Partido Popular dende 2007 e é membro no comité electoral provincial.