Lugo, 4 de febreiro de 2015.- O presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, anunciou esta mañá que o actual alcalde do Páramo, Gumersindo Rodríguez Liz, repetirá como cabeza de lista do PP nesta localidade.
Barreiro agradeceu a “boa dispoñibilidade e bo facer” do alcaldable, que dende fai 32 anos goberna o concello do Páramo. “Gumersindo é un exemplo centrado no ben dos veciños e no avance da municipio”.- manifestou.
Pola súa banda, o alcaldable insistiu en que continuará traballando por e para os seus veciños: “os meus habitantes son a miña prioridade e o seu benestar o meu principio”- manifestou.
BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA
Gumersindo Rodríguez Liz naceu o 21 de maio de 1951, con pouco máis de 30 anos asume a responsabilidade de gobernar o Concello do Páramo. Está casado e ten tres fillos.