Partido Popular de Lugo

Sabino Díaz Fernández encara a cuarta cita electoral tras 13 anos de rexedor

Lugo 3 de febreiro de 2015. Sabino Díaz Fernández (Ribeira de Piquín, 1968) repite como candidato popular á alcaldía deste municipio. Anunciouno esta mañá o presidente provincial, José Manuel Barreiro, quen salientou o traballo e o compromiso do actual rexedor cos seus veciños e veciñas.

Con 46 anos, Sabino Díaz, conta cunha ampla experiencia en política local. Foi oito anos tenente de alcalde e no ano 2002 pasou a ocupar a alcaldía sustituindo a Fortunato Vidal. Dende aquelas desempeña a súa labor de rexedor.

O alcaldable, nado o 29 de setembro de 1968 no municipio que rexenta, defende a xestión desenvolvida nos últimos anos e afirma que axudou a mellorar os servizos existentes na vila e a calidade de vida dunha poboación cada vez máis envellecida.

Comprométese a seguir traballando na súa liña emprendida dende que chegou a alcaldía: intentar solventar e satisfacer as necesidades dos seus veciños e veciñas.