Partido Popular de Lugo

José Pardo Lombao repite por quinta vez como alcaldable popular en Outeiro de Rei

Lugo 3 de febreiro de 2015.- José Pardo Lombao (Outeiro de Rei, 1955) volve a ser, por quinta vez consecutiva, candidato do PP á alcaldía de Outeiro de Rei.

Anunciouno esta mañá o presidente do PP de Lugo José Manuel Barreiro quen definiu ao alcaldable de “magnífico xestor” e destacou a súa experiencia na política local.

José Pardo, iniciouse na actividade política no ano 1983 como edil no municipio no que hoxe é alcalde e en 1998 foi elixido rexedor. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PP e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con amplas maiorías. Actualmente é deputado provincial (a primeira vez que ocupou este cargo foi no ano 1991).

Logo de que o líder do PP de Lugo anunciase que repetirá como candidato, o rexedor e candidato popular , manifestou que seguirá na liña emprendida ata o de agora: defender os intereses dos seus veciños e traballando por e para eles.Asemade, José Pardo lembrou que Outeiro de Rei foi un dos concellos que máis medrou en poboación (en edís da lugar a  que pasa de 11 a 13 concelleiros), polo que continuará traballando coa mesma ilusión para acadar un concello dinámico, moderno e en crecemento.