Partido Popular de Lugo

Luis Fernández Guitián, candidato popular á alcaldía de Sober

Lugo 2 de febreiro de 2015.- Luis Fernández Guitián, actual alcalde de Sober, repite como candidato popular á alcaldía deste municipio. Así o anunciou esta mañá o lider do PP lucense, José Manuel Barreiro, quen salientou as amplas maiorías acadadas en tódolos comicios electorais.

Manifestou Barreiro, que Fernández Guitián, mantén a liña da agrupación local nesta localidade, que dende sempre, e elección tras eleccións, acadou maiorías absolutas. Pola súa banda, o rexedor e candidato popular dixo que continuará apostando pola constancia no traballo local e pola unidade, para intentar solventar as necesidades e peticións dos habitantes de Sober.

BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA DE LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN

Fernández Guitián,  naceu en Sober o 29 de novembro de 1962. Está casado e ten dúas fillas. Diplomado en Educación Infantil pola Universidade de Vigo e Profesor de música na especialidade de Clarinete. Exerceu a docencia nos Conservatorios de Música de Ribadavia, Pontevedra, Ourense, Lugo e Ferrol. Foi director da Banda de Música de Sober e da Escola de Musica de Sober. Na actualidade forma parte da Banda de Musica Municipal de Ourense da que é clarinetista dende fai 25 anos.

No eido político a súa traxectoria comeza no ano 1999 como edil. Foi concelleiro de Cultura e tenente de alcalde no concello soberino. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PP á alcaldía de Sober, obtivo a maioría absoluta e foi elixido alcalde.