Partido Popular de Lugo

Julio Yebra optará a reelección como alcalde de Carballedo

O presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, anunciou esta mañá que Julio Yebra-Pimentel Blanco, actual rexedor, optará a reelección como alcalde ao municipio de Carballedo.

Tras dar a coñecer a noticia, Barreiro quixo destacar a forte implicación e dedicación do candidato popular cos seus veciños, quen durante oito comicios municipais lle outorgaron maioría absoluta; esta é a novena vez que se presenta.

O presidente popular agradeceu o destacable compromiso público de Julio Manuel Yebra; e que se corrobora a través da labor que o candidato popular está a desempeñar dende 1983 á fronte do Concello. Ascendeu a alcaldía por primeira vez fai 32 anos, o que o converte nun dos veteranos do PP lucense.

Yebra leva dende os 28 anos dedicado ao servizo público. Unha longa traxectoria durante a que foi deputado provincial, concretamente entre os anos 1983 e 1991. O actual alcalde do Carballedo tamén foi senador por Lugo dende outubro de 1989 ata xaneiro de 2000; sendo nunha das lexislaturas Vicepresidente segundo da Comisión de Sanidade e Seguridade Social, así como noutra Secretario da Comisión de Sanidade e Asuntos Sociais.

Julio Manuel Yebra-Pimental Blanco naceu na parroquia de Lousada, en Carballedo, o 31 de agosto de 1954.