Remedios González Cabarcos será a candidata popular á alcaldía de Rábade para as vindeiras eleccións municipais do vindeiro 21 de maio.
Así o anunciou esta mañá o líder dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, quen confía na persoa de Remedios González para acadar a alcaldía de Rábade.
O presidente provincial encomendoulle a González Cabarcos seguir o exemplo de seu pai, quen logrou amplas maiorías, e lograr así a alcaldía deste municipio que se ve totalmente abandonado polo o desgoberno de Fernández Montes.
Pola súa banda, a alcaldable dixo afrontar esta nova tarefa con ilusión e responsabilidade, para sacar a Rábade do “pozo no que está inmerso”. Por citar algunha mostra de desgoberno de Fernández Montes nomeou a mala xestión na temática da auga. “Os veciños están a sufrir numerosos problemas . A falta de reparación e remodelación na rede de sumidoiros fan que os habitantes sufran continuos cortes na auga e que esta salga turbia”- denunciou a popular, quen se comprometeu a intentar solventar este tema.
A popular deixou moi claro que os veciños de Rábade serán a súa prioridade e atender e resolver as súas necesidades, o seu obxectivo.
BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA
Remedios González Cabarcos (Rábade,1962) Pedagoga e actual Directora do CEIP Otero Pedrayo de Rábade, ten dous fillos. Especialista en Educación Musical e Experta Universitaria en Tecnoloxías para a Educación e o Coñecemento ( “Informática Educativa” e “Internet, Aplicacións Didácticas”). Coordinadora e relatora en diversos cursos e foros educativos. É membro da Comisión de Educación do PP. A súa traxectoria como docente ven dende o ano 1988 e como directora de diversos centros educativos dende o ano 2003. Unha ampla experiencia en materia educativa que mostra o seu bo facer e o seu compromiso coa Educación.