Partido Popular de Lugo

Issam Alnagm optará a reelección como alcalde Muras

Lugo, 30 de xaneiro de 2015.- O presidente provincial dos populares lucenses, Jose Manuel Barreiro, confirmou hoxe que Isaam Alnagm, actual rexedor, volverá a encabezar a candidatura do PP coa intención de repetir un novo mandato ao fronte de alcaldía de Muras

De acadar, unha vez máis, o respaldo dos seus veciños, Isaam celebrará as súas vodas de prata fronte á alcaldía deste municipio de superficie montañosa onde se atopan moitos dos espazos máis fermosos da zona setentrional da serra do Xistral.

ARTÍFICE DA TRANSFORMACIÓN DE MURAS

Barreiro definiu a Isaam como o artífice da transformación en positivo de Muras. Durante os seu mandato impulsou innumerables obras, en infraestruturas, saneamentos e novos servizos.

“O Muras de hoxe en día non se parece en nada ao de fai 20 anos. Novas rúas, novos servizos, que teñen contribuído a mellorar o grado do benestar dos seus veciños”-significou Barreiro.

Sitúan o reto principal para este concello chairego é a loita contra a despoboación. Tamén seguir traballando para proporcionar a atención, cada día de maior calidade, para os maiores, que representan o 75% do seu censo.

Isaam promoverá iniciativas dirixidas a que novas familias fixen en Muras a súa residencia e, en definitiva para xerar máis riqueza e moito máis dinamismo na actividade dun concello, pequeno en poboación, pero onde é posible vivir con moita calidade de vida.

GRAN APOIO POPULAR

Isaam naceu en Siria, aínda que chegou a España en 1968 para estudar Medicina. Matriculouse na Universidade de Santiago de Compostela. Casado e con cinco fillos, chegou a Muras en 1989 como médico do Centro de Saúde.

Presentouse ás eleccións municipais de 1991 en Muras encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. Esta é a sétima vez que encabeza a candidatura popular.