Lugo 29 de xaneiro de 2015.- María Luisa Macía, quen encabezou en dúas lexislaturas a lista popular non será a número un na lista dos populares para as vindeiras eleccións municipais que se celebrarán o 24 de maio.
Motivos persoais, e tras unha decisión meditada, levaron a popular a non repetir como candidata do PP á alcaldía de Rábade. Malia a isto, Macía deixa claro que non abandona a política e sigue a disposición do partido.
A popular continuará ao fronte da Presidencia Local e no tocante á Executiva provincial seguirá sendo a coordinadora sectorial de benestar social. Comprométese a seguir na liña emprendida ata o de agora, que non é outra que “preocuparse polos seus veciños, intentado solucionar os seus problemas e necesidades”.
Macía foi moi crítica co rexedor, Fernández Montes, sempre denunciou a súa nefasta maneira de gobernar, a súa mala xestión, as súas contradicións e sobre todo as mofas en varias ocasións, aos veciños e asociacións; un exemplo e que foi motivo de varias denuncias populares foron os desprezos de Montes a Asociación Músico Crisanto.
Nos pasados comicio,s o PP de Rábade, encabezado por María Luisa Macía, subiu en número de votos e no que se refire a edís, empatou con Fernández Montes, pero o feito de non lograr a maioría absoluta fixo que non puidese gobernar.
Iniciou a súa andaina na política no ano 2003, sendo edil ata o ano 2007, que foi nomeada candidata do PP á alcaldía de Rábade. Membro da executiva rexional, poñente dos últimos estatutos do PPdeG, presidenta provincial da comisión de política social María Luisa Macía non se vai, non abandona a política, di seguir na liña emprendida ata o de agora, que non é outra que intentar facer posibles as necesidades dos seus veciños “os cidadáns de Rábade foron, son e serán sempre o meu compromiso”- conclúe.