Partido Popular de Lugo

José Manuel Yanes Ginzo encabezará por sétima vez a candidatura do PP de Trabada

Trabada, 29 de xaneiro de 2015.- Leva 24 anos exercendo de rexedor e volverá a encabezar a lista do PP de Trabada nas eleccións municipais do vindeiro mes de maio. José Manuel Yanes Ginzo (Trabada, 1955), é funcionario municipal neste concello e repetirá como número un da lista dos populares nesta localidade.

Anunciouno esta mañá o presidente provincial, José Manuel Barreiro, quen ensalzou a labor deste rexedor que ano tras ano e elección tras elección, os cidadáns valoran o seu traballo e proba diso vese reflectida nas urnas. Resaltou a súa traxectoria política e o seu bo facer.

Pola súa banda, o candidato e actual rexedor dixo que continuaría na súa liña de servir aos seus veciños, intentando facer posibles as súas peticións e demandas e renovar a maioría absoluta.

TRAXECTORIA POLÍTICA

José Manuel Yanes Ginzo, naceu en Trabada o 29 de decembro de 1955. Está casado e ten tres fillos. É funcionario municipal neste concello. É deputado provincial.