Partido Popular de Lugo

Parada anuncia que o SERGAS incrementará a partir de febreiro a atención médica no centro de saúde de Pobra de Brollón

Pobra de Brollón 27 de xaneiro de 2015.- O Servizo Galego de Saúde incrementará a partir de febreiro a atención médica no centro de saúde de Pobra do Brollón. Esta foi a resposta do xerente da Estructura Organizativa da Xestión integrada do Sergas na provincia de Lugo, Antonio García Quintáns, ao voceiro do PP nunha xuntanza mantida a instancias do edil popular.

O xerente da Estructura Organizativa da Xestión Integrada confirmou que o SERGAS xa realizou as xestións oportunas para, a partir de febreiro, incrementar o número de días semanais de asistencia dun segundo facultativo, con obxectivo de dar unha resposta asistencial adecuada a tódolos veciños e veciñas deste concello.

Parada solicitará unha xuntanza co xerente para interesarse da supervisión por parte do SERGAS das necesidades asistenciais despois de xurdir a baixa dun médico do centro de saúde do municipio que conlevou a reorganización das tarefas asistenciais neste centro de saúde.

O Servizo Galego de Saúde realiza de xeito periódico e constante seguimento das necesidades asistenciais nas citas de Atención Primaria, tanto no centro de Saúde de A Pobra de Brollón, como nos demais centros da provincia, de xeito que en todo momento se adopten as medidas oportunas para garantir unha asistencia sanitaria de calidade a tódolos cidadáns.