Partido Popular de Lugo

José López Fernández, candidato do PP á alcaldía de Cervantes

Lugo 27 de xaneiro de 2015.- A dirección do Partido Popular na provincia de Lugo que preside José Manuel Barreiro anuncia que José López Fernández será o candidato popular á alcaldía de Cervantes nas próximas eleccións municipais, previstas para o mes de maio.

Barreiro, que describiu ao candidato como unha persoa comprometida, animouno a traballar duro para lograr a maioría absoluta e gobernar neste municipio de A Montaña.

Pola súa banda, Jose López Fernández, agradeceu a confianza mostrada pola dirección do partido para liderar este proxecto e comprometeuse a traballar intensamente para que os veciños confíen no PP como forza para gobernar este municipio e rematar con estes anos de desgoberno.

TRAXECTORIA

Natural de Cervantes, José López Fernández naceu o 24 de setembro de 1969. Exerce de veterinario clínico de campo e é vicepresidente do Colexio de veterinaria.

É a terceira vez que encabeza a candidatura do PP ás eleccións municipais deste municipio. Dende o ano 2009 é presidente do Comité Local do Partido e dende o 2007 é o voceiro da agrupación.