Lugo 27 de xaneiro de 2015.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, insistiu hoxeque a Xunta de Galicia non abandonará nunca aos maiores da provincia de Lugo.
Na sesión plenaria de hoxe, os populares presentaron unha enmenda á proposta do Equipo de Goberno en materia de servizos sociais solicitando que a Xunta incrementase as prazas sostidas con fondos públicas “naqueles lugares onde son realmente necesarios” e evitar así “futuros equipamentos infrautilizados que non siguen ningunha planificación baseada en criterios obxetivos”. A pesares diso o goberno bipartito rexeitou a proposta.
No trascurso do debate, a popular Elena Candia instou a Besteiro a aparcar a demagoxia e pediulle un maior rigor e seriedade á hora de facer propostas en material social.
Neste senso, a popular acusou ao presidente da Deputación de estar pedindo algo que sabe de antemán que non existe e deixou claro, que “Gómez Besteiro está solicitando un convenio fantasma; está pedindo algo inexistente, posto que non hai na actualidade unha rede de residencias”- insistiu Candia, quen deixou claro que non hai prazas creadas nin autorizadas.
A popular, quen tilda de obsoleto o mapa de equipamentos do que fala Besteiro, posto que retrocede ao 2008 e existe un do 2011, o cal non cita, e deixa claro que desas doce residencias das que tanto falaba o presidente da Deputación tan só dúas están construídas, polo que se pregunta con quen quere Besteiro concertar ese convenio.
Así as cousas, a popular asegurou que a proposta do Goberno bipartito da Deputación de Lugo non resolve as necesidades de atención dos maiores da provincia porque “eles demandan maioritariamente a atención no seu propio domicilio e só o 5% da poboación maior dependente demanda un servizo residencial”.
Candia indicou que si o señor Besteiro “empregase os 13,5 millóns de euros que supón a construción das residencias en reforzar os servizos de proximidade en vez de dedicarse a conxelar o orzamento destinado aos servizos de atención domiciliaria, poderíase atender a toda a demanda rexistrada na provincia de Lugo, que supón catro veces máis persoas atendidas que coa creación de residencias, e crearíanse máis do dobre de postos de traballo”.
Neste senso, a popular explicou que a proposta socialista supón unha atención de 410 persoas, xeraría 120 postos de traballo e supón unha obra cun investimento de 13,5 millóns de euros que, ademais, aínda non conta con autorización de inicio de actividade; fronte ás máis de 1.600 que atendería o modelo da Xunta, que crearía 250 postos de traballo.
“Este modelo polo que avoga a Xunta de Galicia permite facer máis con menos. Coa metade do orzamento que destinaron ao seu plan de residencias, crearíanse máis postos de traballo e atenderíase a máis persoas”, engadiu.
Tampouco resolven a despoboación demográfica, xa que os concellos elixidos, ademais de perder poboación, cuantitativamente falando xa están envellecidos polo que carece de poboación propia á que fixar.
“Este plan é máis un gasto ineficiente e ineficaz que un investimento e o propósito da austeridade enriquecedora á que pide que a Xunta se adhira vai resultar unha dilapidación empobrecedora”, sentenciou Candia.
Elena Candia reclamou á Besteiro un comportamento “máis leal e maior colaboración” para acadar “máis e mellores servizos que dean resposta ás necesidades reais dos habitantes da provincia”.
Porén, lembrou que o Goberno autonómico interésase pola provincia de Lugo con diferentes inversións, tales como máis de 290 millóns en materia de benestar nos últimos catro anos, a apertura de 110 novas prazas de centros de día, 30 de Alzhéimer, 358 residenciais, un incremento do 14% nas de discapacidade e do 41% en escolas infantís da rede A Galiña Azul.
A voceira popular engadiu que se destinaron preto de 43 millóns de euros para o servizo de axuda a domicilio de persoas dependentes desde 2009 na provincia, pasando dun investimento anual de 4,3 millóns de euros ata os 9,1 millóns. “É dicir, mentres a deputación conxela a axuda no fogar, a Xunta duplica o seu orzamento”, aseverou Candia.
RESOLUCIÓN DO TSXG
Por último, o PPdeG incidiu que as residencias carecerían de informe de viabilidade económica, o que é “outra mostra clara da demagoxia coa que utiliza a Deputación de Lugo o benestar dos lucenses”, tal e como se ven de comprobar cos resolución do TSXG que desestimou a demanda interposta pola Deputación en relación ao Decreto de servizos sociais. Desta forma, queda garantido que dito decreto, aprobado pola Xunta, prevé un réxime de financiamento aos concellos plenamente legal e con fundamento no actual sistema vixente.
Así mesmo, indicou que a Xunta “sempre optou polo diálogo e a colaboración coa Deputación e nunca se negou a asinar ningún convenio” mentres que a Deputación manifestou a súa negativa a asinar o mesmo convenio que asinaron nos anos 2012 e 2013 o resto das Deputacións.