Lugo, 27 de xaneiro de 2015.- O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo criticou esta mañá, durante a sesión plenaria, a nova regulación das especiais condicións de prestación do traballo efectivo de traballadores do parque móbil que “alongan as xornadas e recortan os salarios do persoal”.
Os populares explican que esta regulación deriva da necesidade dos traballadores de desprazarse a distintos puntos da provincia para a prestación do seu traballo, cunha prolongación excesiva da xornada, e ao considerar estas horas de dispoñibilidade abóanse ao prezo dunha hora ordinaria e non como extraordinarias.
Así, Besteiro está a recortar os dereitos dos traballadores ao alongar as xornadas, matizan os populares, e non atendendo á remuneración necesaria, incumprindo deste xeito o artigo 34.5 do Estatuto dos Traballadores así como directivas europeas.
Campaña electoral Besteiro
Os populares lamentaron esta mañá en pleno que os traballadores sufran as consecuencias dun servizo mal planificado e consideran que este aumento da campaña é un intento do presidente socialista para facer a súa campaña electoral.
Así, dende o GPP lembran as palabras do equipo de goberno da Deputación nas que aseguraban que o traballo dende o parque móbil supoñían un aforro mensual duns 170.000 euros; mentres agora levan a cabo propostas que recortan dereitos. Para os populares o fallo non está no parque móbil, senón que falla a dirección política.
Os populares lamentaron estes recortes abusando da condición de interinidade da maiores dos traballadores e engaden que Besteiro xa recortou nos postos de entrada, e as súas políticas de persoal buscan que uns moito e outros nada.