Partido Popular de Lugo

Barreiro anuncia que Marcial Sanjurjo será o candidato do PP á alcadía de Ourol

Lugo 25 de xaneiro de 2015.- Marcial Sanjurjo, cuxa forma de actuar vai sempre ligada á honestidade e á organización, será o candidato popular á alcaldía de Ourol. Así o anunciou o presidente provincial José Manuel Barreiro quen definiu ao alcaldable como “persoa comprometida cos seus veciños e traballadora”.

Barreiro destacou que o bo facer do alcaldable den quen dixo “logrou liquidar a débeda coa que se atopou ao chegar ao concello” e manifestou que “malia que agora estamos na senda da recuperación, Sanjurjo foi capaz de manter tódolos postos de traballo nos peores tempos da crise económica”- sentenciou.

HONESTIDADE, DEDICACIÓN, INTENSO TRABALLO E ORGANIZACIÓN

Marcial Sanjurjo, médico de profesión, nunca tivo dedicación exclusiva nin parcial e a día de hoxe segue mantendo a liña de cobrar o mesmo que hai 20 anos pola asistencia aos plenos e comisións.

Este médico de profesión, foi edil, tenente de alcalde e dende o 2007 é alcalde no municipio. Insiste en que seguirá aplicando de maneira rigorosa a honestidade, a entrega, o intenso traballo e a organización en tódolos seus faceres.

“Aplicando estas máximas, logramos xerar un futuro para Ourol que anteriormente non tiña”- manifesta o popular, quen destaca a mellora e o mantemento do parque móbil, a creación de novas infraestruturas e o progreso e creación de novos servizos,  nun municipio onde os sectores forestal e eólico son claves.