Partido Popular de Lugo

Ramiro Moure, candidato popular á alcaldía de Taboada

Lugo 23 de xaneiro de 2015.- Ramiro Moure Ansoar, actual rexedor de Taboada, repite como candidato do PP a alcaldía deste municipio. Así o anunciou esta mañá o líder dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, quen resaltou a súa gran labor nos últimos anos e o definiu como “gran alcalde”.

Barreiro puxo en valor o traballo realizado en servizo dos cidadáns de Taboada e o perfil renovado que representa, seguindo coas liñas do Partido Popular, e destacou a maioría alcanzada nas anteriores  eleccións municipais, mellorando o resultado do PP no municipio.

Nado en 1958 e formado como mestre industrial, Moure é funcionario de institucións penitenciarias e milita no Partido Popular dende 1997. Foi tenente de alcalde e encargouse de varias áreas como a de cultura, ata que Ramos Lemos deixou a alcaldía, en xullo de 2009, para exercer de delegado territorial de educación.

Nas últimas eleccións municipais Ramiro Moure acadou unha ampla maioría absoluta; destaca pola súa entrega e dispoñibilidade para facer fronte ás necesidades actuais dos veciños e veciñas de Taboada.

BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA DE RAMIRO MOURE

Este mestre industrial, nado o 8 de setembro de 1958, é funcionario de Institucións Penitenciarias (Prisións) e xa ten unha gran experiencia na política.

Afiliado ao PP dende o 31 de xaneiro de 1997, foi  en xullo de 2009 cando pasou de ser tenente de alcalde a rexedor, continuando no cargo tras alcanzar a maioría absoluta como candidato á Alcaldía nas últimas eleccións municipais. Ramiro Moure é presidente do PP de Taboada dende xuño de 2013 e coordinador territorial da comarca de Chantada.