Partido Popular de Lugo

Candia: “Besteiro perde nos tribunais e minte aos lucenses”

Lugo 23 de xaneiro de 2015.-“Besteiro perde nos tribunais e minte aos lucenses” así o asegurou a voceira do Grupo Popular na Deputación de Lugo tras coñecerse que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou integramente o recurso que o Goberno provincial bipartito interpuxo contra o Decretario de Servizos Sociais da Xunta.

Logo de escoitar as primeiras reaccións desde o ente provincial,Candia quixo aclarar queo Presidente da Deputación de Lugo“é o único responsable de deixar á provincia sen convenio de colaboración coa Xunta de Galicia en materia de Servizos Sociais e Emprego”, pois foi el quen se negou a asinar este documento, pese a que se lle remitiu en moi idénticas condiciónse á vez que ás outras deputacións galegas.

Por se isto fora pouco, lembra taménque nunca existíu ánimo de superar estas diferenzas por parte do bipartito, pois incluso desde a Deputación se negaron ata en tres ocasións a acudir a unha xuntanza coa Consellería de Traballo e Benestar, para desbloquear a situación e chegar a un acordo, e cando o fixo “todo foron boas palabras, pero a resposta foi propoñer esta conflito xudicial”

Candia aclara que é totalmente falso que a Xunta de Galicia invertise “cero euros” nos servizos sociais da provincia de Lugo nos últimos anos e lembra que nas anualidades 2011-2014, so na área de Benestar, o Executivo autonómico investiu máis de 290 millóns de euros. 

DESESTIMACIÓN ÍNTEGRA DO RECURSO

A popular salienta que a propia Xustiza recoñece, coa desestimación do recurso, que os dirixentes do bipartito provincial non tiñan dereito, nin fundamento algún para converter á de Lugo na única administración galega que non financia integramente o Servizo de Axuda no Fogar básico, prexudicando aos veciños e aos Concellos

Insiste Candia enque por, moitas voltas que pretenda darlle á Deputación “a realidade é tozuda”: O recurso que presentou o Goberno provincial contra a Xunta foi desestimado polo TSXG e, polo tanto, “as súas pretensións non foron aceptadas en ningún extremo”.

Cree que escudarse en supostas imperfeccións técnicas do Decreto, como fan desde a Deputación, non é motivo para sentirse avalados pola sentenza, senón que unicamente serviu de argumento ao Tribunal paraa non imposición de costas ao ente provincial, ao entender que non actuou con temeridade ao presentar o recurso, “nin maís, nin menos”.

“A legalidade da norma confírmase coa desestimación total da demanda” –dixo Candia- “garantindo que o Decreto aprobado pola Xunta prevé un réxime de financiación en materia de servicios sociais aos concellos plenamente legal e fundamentado no actual sistema vixente”

Dede o Grupo Popular lamentan“a mala reacción” dos responsables provincias tras coñecerse o pronunciamento da Xustiza, e sinalan que “cando superen este proceso de mala dixestión” están obrigados a cambiar de postura e acatar o fallo adoptando unha actitude, diferente, é dicir, responsable e colaboradora polo ben dos veciños de Lugo.