Lugo 23 de xaneiro de 2015.- O líder dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, presidiu unha reunión en Becerreá con alcaldes, voceiros e edís da comarca de A Montaña. En dita xuntanza tamén estiveron presentes o secretario xeral José Manuel Balseiro e o vicesecretario, Ramón Carballo.
Barreiro animou aos asistentes a seguir traballando para gobernar en tódolos concellos e instounos a explicar “a pé de rúa”, as reformas acometidas polo Goberno popular, que foron as que lograron que España estea a día de hoxe no bo camiño.
“Pasamos de destruír a xerar emprego”- salientou Barreiro, quen lembrou que cando o Partido Popular chegou ao Goberno atopouse cun país en quebra e que foron as reformas populares as que lograron saír do precipicio.
O presidente provincial manifestou que entendía que as reformas populares non foran de bo gusto para os socialistas xa que os deixan en evidencia e proba da eficacia e valía das políticas populares vese na baixada do paro, na creación de emprego, no aumento de contratos indefinidos ou na suba dos convenios colectivos e reducción de ERES.
O líder dos populares lucenses deixou claro que o PP é a forza maioritaria da provincia pero malia a isto manifestou que hai que seguir traballando para recuperar tódalas alcaldías.