Partido Popular de Lugo

Teixido explica que recorreu a unha empresa foránea porque as locais non dispoñen de vehículos adaptados

Guitiriz 22 de xaneiro de 2015.- O alcalde de Guitiriz, José María Teixido, nega que marxinase as empresas locais para adxudicar o transporte do centro de día.

Neste senso, o popular aclara que recorreu a unha empresa foránea para adxudicar este servizo porque as locais non dispoñen de automóbiles adaptados para desenvolver este traballo.

O popular está convencido de que estas denuncias veñen dadas por persoas, que aparte de descoñecer o tema, pretenden xerar polémica e atentar contra a súa persoa.

Afirma que a día de hoxe ningún dos empresarios se reuniu con él para mostrarlle as súas queixas polo que todo apunta a que se debe a persoas que queren xerar maletar e barullo.

CUEIROS

A edil de servizos sociais, Marita Carballeira aclarou que os cueiros son para o centro de día coma para os servizos sociais do Concello. Asegura que se lle conceden as persoas que os piden e que non se dan ao azar, senón que levan consigo un control exhaustivo.

A popular tamén manifesta que a Seguridade Social continúa suministrando cueiros.