Lugo 22 de xaneiro de 2014.- O veterano Manuel Jesús González Capón (Baralla, 1951) repetirá como candidato do PP á alcaldía de Baralla nos comicios do vindeiro mes de maio. Así o anunciou esta mañá o líder dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, quen resaltou o traballo desempeñado polo rexedor dende o ano 1987.
O presidente provincial destacou a experiencia de Capón, quen leva preto de trinta anos rexentando este concello, e manifestou que a total entrega e o compromiso cos seus cidadáns fan que acade nos comicios electorais amplas maiorías.
Logo de que o líder do PP de Lugo anunciase que repetirá como candidato, Manuel González Capón, manifestou que seguirá na liña emprendida ata o de agora: defender os intereses dos seus veciños e traballando por e para eles
BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA
Manuel Jesús González Capón naceu en Baralla o 25 de decembro de 1951. Está casado e ten dous fillos. É empresario. Ocupa a Alcaldía de Baralla dende 1987 e preside o comité local do PP dende 2007. É vocal electo no Comité Executivo da provincia e Deputado no Organismo Provincial.