Partido Popular de Lugo

Barreiro insta a Besteiro a calar posto que nunca gañou unhas eleccións

Lugo 22 de xaneiro de 2015.- Logo das declaracións verquidas por Gómez Besteiro, o presidente do PPdeLugo, Jose Manuel Barreiro, lémbralle ao secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación que, a pesares de que hoxe fala con tanta prepotencia sobre a futura cita coas urnas, nunca gañou unhas eleccións, polo que o insta a estar calado.

 “Resulta absurdo escoitar a Besteiro dando leccións sobre o que os demais podemos dicir ou non, e valorando futuros resultados, cando a realidade é que el nunca foi capaz de ganar unhas eleccións, o PSOE tanto en Lugo como en Galicia teñen retrocedido en todos e cada un dos últimos procesos electorais que se celebraron”.

O líder dos populares lucenses esta convencido de que esta situación continuará e serán os socialistas os que terán uns malos resultados tanto en Lugo coma no resto de Galicia posto que están inmersos en liortas internas e afastados dos problemas reais dos veciños.

O BIPARTITO: UN FRACASO

Barreiro lembra que concellos gobernados en coalición polo bipartito funcionaron moi mal, e foron decepcionantes, e un exemplo está no caso da cidade de Lugo, onde intentaron gobernar pero ao final romperon os pactos.

Ademais indica o líder dos populares lucenses que quen hoxe fala con prepotencia emprega o Organismo Provincial en beneficio persoal e partidista, non en beneficio dos concellos e veciños e por iso daranlle ás costas os lucenses, ainda que probablemente non terá a valentía de comprobalo, pois está de fuxida da Deputación, ante o risco dunha probable derrota.

¿DE QUE PRESUME BESTEIRO?

O líder dos populares lucenses pregúntase de que presume o señor Besteiro cando o seu partido sufre en cada comicio unha derrota.

Barreiro lembra que nas eleccións municipais do ano 2011, o PSOE perdeu na provincia de Lugo 10 alcaldías; nas autonómicas, un deputado e nas xerais outro deputado; todo en beneficio do PP. Engade, ademais, que na Deputación de Lugo os populares son o grupo maioritario.