Lugo 21 de xaneiro de 2014- O secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro e o candidato do PP á alcaldía de Becerreá, Miguel Cela, achegáronse ata Vilar de Ousón para reunirse cos veciños e comprobar in situ a estrada autonómica LU-632 que pasa pola zona.
Os populares escoitaron as peticións dos habitantes da zona, quenes expuxeron e deron conta do deterioro e do mal estado no que se atopa a estrada que comunica a capital da vila co pobo de Vilar.
Os veciños pedíronlle a ámbolos dous populares que fixeran as xestións oportunas para solventar esta situación e tanto, José Manuel Balseiro coma Miguel Cela, comprometéronse con eles e manifestaron que impulsarán tódalas xestións necesarias ante o Goberno Galego para que arranxe este vial.