Lugo 21 de xaneiro de 2015.- O PP designou esta mañá a Pilar Varela candidata á alcaldía de Monterroso. Esta moza de 39 anos chegou á corporación deste concello de A Ulloa no actual mandato como edil e dende xuño de 2012 exerce de voceira da formación local.
Educadora na Escola Infantil de Chantada e experta docente informática no centro penitenciario de Monterroso, Varela Rojo manifestou a honra que representa para ela a súa designación e a responsabilidade que recae na súa persoa como cabeza de lista para gañar Monterroso.
Pola súa banda, o presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro manifestou que Monterroso precisa un cambio urxente e afirmou que Pilar Varela é a persoa axeitada e capaz de aplicar as políticas do PP e levar a este Concello pola senda emprendida do progreso e benestar.
O popular definiu á alcaldable como unha candidata traballadora, comprometida, cercana e humilde e insistiu en que conta coas cualidades axeitadas para facer de Monterroso unha vila como se merece.
BIOGRAFÍA DA ALCALDABLE POPULAR
Pilar Varela naceu en Monterroso o 22 de Febrero de 1975. Está casada e ten un fillo. Dende xuño de 2012 é a voceira do PP en Monterroso. Forma parte da Comisión da Muller do PPdeLugo, en calidade de presidenta, e da súa executiva provincial.