Rábade 21 de xaneiro de 2015.- Logo de que o rexedor de Rábade, anunciase agora que o Concello organizaría as festas patronais de San Vicenzo, a voceira do PP neste municipio, María Luisa Macía, denunciou as contradicións de Fernández Montes e alertou de que utiliza estes festexos con motivos electorais.
A popular lembra que a mala xestión do Equipo de Goberno Local levou a cabo un plan de axuste no que o rexedor renuncio, tanto á organización das festas como a que a Banda Músico Crisanto dependese do Concello, insistindo, por activa e por pasiva, que o Concello non podería xestionar as festas.
María Luisa Macía insiste en que esta acción corresponde a unha contradición e a unha artimaña electoral do alcalde e proba disto vese en que organiza as festas do 24 e 25 de xaneiro tres días antes (cando a semana pasada dixo publicamente que non as habería) pero, sen embargo, adianta que non organizará as de agosto.
A voceira de Rábade deixa claro que a súa formación é a primeira en querer que o municipio conte coas festas patronais (de feito, cun goberno popular en Rábade sempre se tivo comisión de festas co apoio do Concello), o que critica son as contradicións de Fernández Montes e que se mofe dos veciños de Rábade, posto que cando él anunciou que o Concello non podería organizar as festas, debido ao Plan de Axuste, instou aos cidadáns a constituír comisións e poñerse eles ao fronte para seguir celebrando as festas.
Agora, denuncia Macía, o rexedor, anuncia que fai él as festas, saltándose á torera o Plan de Axuste e retirando o dito aos veciños, un motivo de total mofa, contradición e electoralismo. Asemade, a popular lembra, que ante as preguntas dos populares, en varias sesións plenarias, sobre a organización das festas, o rexedor sempre respondía que non podería levar a cabo os festexos.
MONTES DI NON LEMBRARSE DO DÍA DA CELEBRACIÓN DO PLENO
A voceira do PP pregúntase: ¿Que clase de alcalde é aquel que non se lembra do día da celebración dos plenos do seu concello? Esta cuestión faina logo de que o 12 de xaneiro, día que tería que celebrarse a sesión plenaria, e non se levou a cabo , os populares lle preguntasen a Montes pola cancelación da sesión.
“O rexedor dixo que se esquecera”- denunciou Macía, quen ve nesta absurda e patética resposta unha escusa barata para esquivar o debate da organización das festas.