Partido Popular de Lugo

PP de O Incio denuncia que a rexedora continúa incumprindo os acordos dos plenos

O presidente do PP de O Incio, Jose Álvarez, denunciou esta mañá o talante ditatorial e a arbitrariedade da rexedora, Laura Celeiro, quen segue incumprindo reiteradamente os Acordos de Pleno e adopta decisións absolutamente discriminatorias e prexudicando á maioría dos veciños deste Concello.

“Celeiro, segue a incumprir os Acordos de Pleno”- insiste Álvarez, quen lembra que no Pleno Ordinario celebrado o día 13 de Abril de 2012, acordouse a creación dunha Comisión Especial de Obras e outras inversións coa finalidade de planificar entre tódolos edís as obras a realizar en cada exercicio e para que estas atenderan ás necesidades reais dos veciños e non a réditos electorais como ocorre en moitos Concellos.

Nembargantes, denuncia o popular, que malia a que Laura Celeiro votou a favor da creación desta Comisión, “ entendemos que para quedar ben”,  o seu voto, neste caso, estaba moi lonxe do seu pensamento, como demostra o feito de que só convocara esta Comisión nunha soa ocasión esquecéndose para sempre do mandato do Pleno do 13 de Abril de 2012.

Manifesta o popular, que tamén chama a atención, o feito de que aínda que moitas Administracións se abren cada vez máis á participación cidadá en relación con distintas actuacións, Celeiro segue unha liña totalmente contraria,  e non só incumpre os Acordos de Pleno impedindo ás forzas da Oposicións, polo menos ó PP, debater sobre as distintas actuacións a levar a cabo no seo da Comisión,  senón que tamén rexeita por sistema, tódalas propostas que veñan do Partido Popular en relación coas obras e outras actuacións.

PLAN MARCO

Lembra Jose Álvarez, que para o Plan Marco (Ampliación, mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal), programa para o cal ao Concello de O Incio se lle concederon 98.252 euros, os populares fixeron unha proposta valorada na que se incluían ata 14 obras repartidas ao longo e ancho de todo o Concello, atendendo á necesidade das mesmas en función do seu estado de deterioro e previndo para as mesmas unha reparación que constaba a grandes rasgos de limpeza enerxética da superficie, e acondicionamento de firme existente con bacheo e dobre rega asfáltica.

OBRAS PROPOSTA POLOS POPULARES (só se concederon dúas, a nove e a dez)

1.- Accesos en Leizán e travesías interiores

 

2.- Accesos en Vilarxoán e travesías interiores

 

3.- Acceso dende Lamas a Saá

 

4.- Accesos en Fruxil

 

5.- Accesos ó núcleo de Goó dende a LU-642

 

6.- Accesos a Veiga de Arriba dende a LU-641

 

7.- Acceso dende a Carretera de Foilebar ó Teso

 

8.- Acceso dende o Teso ó núcleo de Outeiro

 

9.- Acceso dende a LU-642 a Pacios e Viteses

 

10.- Acceso a Viloira dende a a LU-P-0909

 

11.- Acceso a Castro en Eirexalba

 

12.- Acceso a Romaríz dende a LU-642

 

13.- Tramo dende Campo da Festa de Vilar da Vara a Piñeiro

 

14.- Vilar da Vara. Tramo dende a Vía do Tren a Rego de Godón

O presidente do PP de O Incio denuncia que a Señora Laura Celeiro só inclúe, incomprensiblemente e caciquilmente, cinco actuacións neste Plan Marco e das catorce obras propostas polo Grupo Popular só acepta dúas.

Conclúe o popular manifestando que a rexedora deixará moitas zonas do concello e moitos veciños discriminados, padecendo, diariamente, o estado de deterioro das súas vias de comunicación.