O voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, censurou esta mañá en Becerreá os criterios de reparto dos fondos públicos da Deputación de Lugo, rexidos por criterios partidistas e interesados.
Así o puxo de manifesto a popular durante a reunión celebrada hoxe con alcaldes e voceiros dos concellos das comarcas da Montaña, e na que analizaron o trato “inxusto” que reciben varios municipios dos Ancares e da Fonsagrada, continuamente castigados pola administración provincial lucense.
En concreto, a voceira dos populares denunciou a exclusión reiterada cara a varios municipios da Montaña á hora de que a Deputación aprobe coas administracións locais convenios mediante o proceso de excepcionalidade. Candia referiuse, por exemplo, a municipios como Baleira, Baralla, Nogais e Triacastela, que non existen para os dirixentes do bipartito, nin para Besteiro
Unha simple análise e o estudo no reparto dos fondos provinciais deixa entrever que a Deputación promove unha práctica habitual e partidista no uso do diñeiro público; polo que se reivindica un reparto máis xusto, igualitario e equitativo.
A voceira dos populares asegura que non se poden facer uso reiterado dos procedementos de excepcionalidade, sen estar suxeito a concorrencia, para repartir os fondos de todos os lucenses en función de intereses políticos, salvo claro que o fin pretendido sexa o de excluír e discriminar aos concellos que non son do seu agrado ou mesma cor política, esquecendo que unha das competencias esenciais das Deputacións é a asistencia económica respecto de todos os municipios.
Reunión de traballo
A reunión celebrada esta mañá enmarcase nas xuntanzas de traballo que vén desenvolvendo o Grupo Provincial do Partido Popular, co obxecto de trasladar aos voceiros e alcaldes información sobre a Deputación.
No encontro tamén participaron o presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro; o secretario xeral, José Manuel Balseiro, e o vicesecretario, Ramón Carballo.