Lugo, 20 de xaneiro de 2015.- Quen logrou unha transformación en positivo no Concello de As Nogais ao longo dos últimos catro anos, tras desbancar aos socialistas do Goberno municipal, concorrerá novamente ás eleccións do 24-M como número un na lista dos populares.
Así o anunciou esta mañá o presidente provincial, José Manuel Barreiro, quen volveu a confiar en Jesús Manuel Núñez, Rucho, para este cometido.
Salientou o líder dos populares lucenses o traballo de Núñez Díaz, lembrando que foi capaz de conseguir un cambio a mellor neste municipio de A Montaña e que a súa boa xestión é un exemplo a seguir para o resto dos concellos da comarca.
Diplomado en Administración e Dirección de Empresas por ESIC, Madrid, Jesús Manuel Núñez, de 57 anos,Xerente de RUCHO S.L. unha empresa dedicada á comercialización de material de construción, ferretería e bazar dende o ano 1980.
O actual alcalde iniciou a súa traxectoria política no ano 2006, exercendo de voceiro popular neste concello de A Montaña pero no 2011 gañou amplamente as eleccións e dende aquelas é rexedor.
Jesús Manuel Núñez tivo palabras de agradecemento cara a dirección provincial tras coñecerse a súa nova designación e indicou que asumirá esta responsabilidade con enerxía e ilusión, traballando día a día para ser merecedor unha vez máis, da confianza dos seus veciños.
SINTONÍA COA XUNTA: BENEFICIO CIDADÁ
Tamén indicou que a boa sintonía existente entre o goberno local e autonómico, ten permitido promover distintas iniciativas beneficiosas para As Nogais e para os seu veciños, entre as que citou, por exemplo, o obradoiro de emprego promovido de xeito conxunto con Láncara, Triacastela e Baralla ou a rehabilitación da praza pública da Nogueira, desenvolvida con cargo ás axudas para infraestruturas de uso público da Xunta, entre outras.