Lugo, 19 de xaneiro de 2015.- Demetrio Salgueiro Rapa repite como candidato do PP á alcaldía de Xove. Así o anunciou o presidente provincial, quen volve a confiar na súa persoa para gañar, novamente, nas eleccións municipais do vindeiro mes de maio.
Salgueiro Rapa é alcalde dende o ano 2007 e presidente da agrupación local dende o 2013; di asumir a reelección con moita responsabilidade e coa mente posta na dinamización do municipio.
TRABALLO, CONSTANCIA E COMPROMETIDO COS SEUS VECIÑOS
O líder dos populares, José Manuel Barreiro, resaltou a labor de Demetrio Salgueiro, quen exerce de rexedor neste municipio dende o ano 2007.
Neste senso, o presidente provincial, definiu ao reelixido candidato, como persoa comprometida co partido e cos cidadáns e destacou o traballo e a constancia manifestada ao longo destos anos.
Barreiro tamén puxo en valor a súa experiencia no eido político, posto que Salgueiro Rapa inicia a toma de contacto coa política no ano 2003, figurando nas listas para concorrer as eleccións municipais daquel ano.
“Demetrio é un exemplo de traballo e de responsabilidade; de persoa comprometida co partido e cos seus veciños, quen sae a rúa, da a cara, e intenta solventar os problemas e as necesidades dos mesmos”.- concluíu Barreiro.
FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA
Natural de Xove, Demetrio Salgueiro naceu o día 2 de xullo de 1971. Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, afiliouse ao Partido Popular no ano 1988.
A súa toma de contacto coa política ven en 2003, cando xa foi nas listas para concorrer aos comicios municipais celebrados nese ano .
Agora en excedencia, Salgueiro Rapa traballa como economista no concello de Burela.