Partido Popular de Lugo

Isaac Lamas Ávarez, novo candidato popular á alcaldía de Ribas de Sil

Lugo, 18 de xaneiro de 2015.- Jose Isaac Lamas Álvarez será o novo candidato do Partido Popular á alcaldía do municipio de Ribas de Sil, segundo deu a coñecer hoxe o presidente provincial dos populares lucenses Jose Manuel Barreiro.

Este mozo, de 33 anos, que vén sendo concelleiro local ao longo da lexislatura que remata, asume agora o reto de liderar a candidatura do Partido Popular nas vindeiras eleccións coa mirada posta en acadar a confianza dos veciños para facer posible un cambio de goberno.

Nacido en Santiago de Compostela leva vinculado a Ribas de Sil, municipio onde reside, desde os seis meses. Con estudos de Ciencias Políticas na actualidade, traballa nun negocio de carácter familiar, actividade que compaxina coa súa responsabilidade como concelleiro local.

Vinculado ao Partido Popular desde os 18 anos, militou na área xuvenil de Novas Xeracións, xa formou parte da lista electoral do Partido Popular nas pasadas eleccións e agora, foi designado para encabezala.

Isaac Lamas, quen quixo agradecer a mostra de confianza dada pola dirección dos populares lucenses e o respaldo da agrupación local, indicou que asume esta responsabilidade con moitas ganas e moita ilusión, e coa mirada posta seguir ganando un futuro mellor para Ribas de Sil.

XUVENTUDE, COMPROMISO E PREPARACIÓN

Pola súa banda, o presidente dos populares lucenses, Jose Manuel Barreiro, dixo que estamos ante un candidato con xuventude, pero tamén moi comprometido e preparado, que seguro presentará batalla para lograr o cambio que Ribas de Sil necesita.

Tanto desde a dirección provincial como o propio Isaac tamén tiveron palabras de agradecemento para todos os seus compañeiros da agrupación local e indicou que o futuro inmediato pasa por conformar un equipo de traballo capaz de trasladar aos veciños toda esta ilusión e gran alternativa que o PP ten para o Concello.

O novo candidato dos populares de Ribas de Sil asume o compromiso de traballar duro, desde o primeiro día, situar ao PP como a forza maioritaria e con capacidade gobernar a localidade, en sintonía cos gobernos autonómico e central.