Lugo, 16 xaneiro de 2015.- Miguel Cela, o fichaxe do PP de Lugo para encabezar a lista popular en Becerreá para as eleccións municipais é dende onte o presidente da xestora do partido neste municipio. Así o designou na xornada de onte o Comité Executivo.
Este Enxeñeiro de Montes, nacido no concello de Becerreá, é dende o pasado domingo o alcaldable popular e na actualidade exerce de subdirector xeral de Prevención e Defensa contra incendios.
O PP de Becerreá vén sendo a forza política máis votada nos últimos procesos electorais e afronta a nova cita coas urnas na confianza de afianzar este apoio.