Lugo 16 de xaneiro de 2015.- Logo de que o Secretario Xeral do PSdeG e presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, esté enviando, dende fai uns días, a tódolos veciños e veciñas da provincia, que supostamente participaron na elaboración dos Orzamentos Participativos, cartas de agradecemento por colaborar na redacción destas contas, a voceira do grupo provincial popular, Elena Candia, denuncia unha campaña propagandística por parte de Gómez Besteiro a conta dos cidadáns da provincia de Lugo e ve nesta iniciativa un gasto desproporcinado a conta dos lucenses para beneficio propio.
DESFILFARRO E PREZO DESORBITADO
A voceira do GPP afirma que unha carta certificada tal e como a que enviou o Señor Gómez Besteiro cústalle aos veciños da provincia 156.200 euros, xa que o precio por carta é, segundo correos, de 2.84, multiplicado por 55.000, supón 156.200 euros.
A maiores, a popular lembra o gasto, de entorno a 130.000 euros, que supuxo o paripé (posta en escena, montaxe…) de ir explicando á cidadanía en que consisitían os orzamentos participativos, malia a non reflectirse nos mesmos o que os cidadáns pediron.
A popular, segundo as cifras que reconoce Besteiro na carta, alerta deste despilfarro e afirma que esta temática só está pensada de cara as eleccións do vindeiro mes de maio, non en beneficio dos lucenses, polo que pide a Besteiro explicacións.