Partido Popular de Lugo

Barreiro ensalza as políticas do PP e apela á mobilización para gobernar en tódolos concellos e na Deputación de Lugo

Lugo 16 de xaneiro de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, puxo en valor as políticas populares e con elas as medidas adoptadas polo Goberno de Mariano Rajoy e instou aos representantes políticos do seu partido a mobilizarse e explicar á cidadanía a súa eficacia e repercusión no conxunto da sociedade española.

Na celebración do comité executivo, Barreiro fixo un paralelismo entre a situación dramática á que chegou o PP no ano 2011 e os obxectivos logrados na actualidade. Asemade, ve nas medidas de Rajoy os factores clave na recuperación económica e salientou que “a día de hoxe España está medrando; o obxectivo do Goberno era que o país superase a recesión económica e lográmolo. Pasamos de destruír a xerar emprego”- lembrou.

Sen ánimo de ser triunfalista e facendo un balance destas políticas populares, Barreiro manifestou que foron as medidas de Rajoy as que lograron non só cumprir, senón duplicar o obxectivo do crecemento.

“España cerrou 2014 en torno ao 1.3 – 1.4, o que supón o dobre do obxectivo do Goberno”- manifestou o popular, quen lembrou que, cando o Executivo definiu o cadro macroeconómico dos orzamentos de 2014, marcou un 0.7. 

Seguindo en termos económicos, Barreiro dixo que está previsto que en 2015 “creceremos nun 2%” e con respecto a afiliación na Seguridade Social afirmou que se ten previsto pechar este ano con máis de 600 mil novos afiliados”.

CHAMADA Á MOBILIZACIÓN

O presidente provincial instou a tódolos presentes no Comité Executivo a explicar a tódolos veciños e veciñas as eficaces políticas acometidas polo Goberno central.

Insistiu en que as medidas adoptadas por Mariano Rajoy, xunto co esforzo dos cidadáns, demostran a súa eficacia e a día de hoxe están dando os seus froitos, algo que “temos que explicar a cidadanía”.

Insiste en que os mecanismos e as reformas do PP, contribuíron de xeito eficaz á salvación de España: “España evitou ser rescatada, blindamos as pensións mentres outros as conxelaron e pasamos de destruír a xerar emprego”.

Neste senso o popular apelou á mobilización e afirmou que o PP aspira a gañar amplamente as eleccións de maio para gobernar con gran maioría no Concello de Lugo (lembrou que a da Muralla foi a que obtivo o mellor resultado das sete grandes cidades galegas) así coma, nos demáis municipios da provincia, e tamén na Deputación, para cambiar dunha vez por todas a forma de Goberno do Señor Besteiro, quen a utiliza en beneficio propio e non para satisfacer as necesidades dos Concellos e dos lucenses.

Concluíu Barreiro manifestando que rematará a lexislatura moito mellor do que empezou e salientando que os mecanismos e as reformas postas en marcha polo PP lograron a volta á senda do crecemento e a través deste estase xerando emprego.