Partido Popular de Lugo

Jose Álvarez Vázquez será o candidato popular á Alcaldía de O Incio

Lugo 14 de xaneiro de 2015.-A dirección do Partido Popular na provincia de Lugo que preside Xose Manuel Barreiro vén de anunciar no día de hoxe que José Álvarez Vázquez será o candidato popular á Alcaldía de O Incio nas próximas eleccións municipais, previstas para o mes de maio.

Nacido neste municipio lucense, o 4 de xaneiro de 1980, Jose Álvarez, de 35 anos está casado e ten unha filla. É avogado de profesión e exerce de asesor nunha empresa de transportes.

Desde xuño de 2013 preside a Executiva do Partido Popular local, e forma parte da Corporación Municipal de O Incio onde tamén exerce como portavoz do grupo político máis votado.

XUVENTUDE E COMPROMISO

O presidente dos populares lucenses definiu a José Álvarez como un candidato “que agrupa xuventude e compromiso”, ademais de salientar que é “bo coñecedor do día a día do municipio onde exerce como concelleiro”.

Pola súa banda, o novo candidato agradeceu a “confianza mostrada” pola dirección do partido para «liderar un novo proxecto» e comprometeuse a “traballar duro” para que os veciños «confíen no PP como forza para gobernar este municipio, poñendo fin a unha lexislatura perdida da man da actual alcaldesa socialista”.