Partido Popular de Lugo

Jose María González Barcia optará á reelección como alcalde de Burela

Lugo,13 de xaneiro de 2015.-O PP lucense informou hoxe que actual alcalde do municipio de Burela, Jose María González Barcia, volverá a ser o candidato popular de cara ás eleccións municipais que terán lugar o vindeiro mes de maio.

Nacido en Burela en 1956 e mestre de profesión, optará á reelección como alcalde tras unha lexislatura, a actual, na que o PPobtivo a maioría absoluta. González Barcia que xa exerceu como rexedor entre marzo de 2005 e 2007, ademais do actual período, conta cunha ampla traxectoria política, como concelleiro en Burela como, antes da segregación, en Cervo.

A nivel orgánico é o coordinador territorial do Partido Popular na Mariña lucense e forma parte do Comités Executivos provincial e autonómico do PP. Foi tamén portavoz adxunto do Grupo Popular na Deputación de Lugo entre os anos 2007 a 2011, ata a súa volta á Alcaldía.

BURELA POR RIBA DE TODO

O presidente provincial do Partido Popular en Lugo, Xose Manuel Barreiro, encomiou o traballo do candidato á reelección no municipio por “defender os intereses dos veciños por riba de calquera outra cousa”

O presidente dos populares lucenses dixo que aínda que para ningún alcalde foi sinxelo xestionar durante estes anos de crise, “demostrouse que confiar no PP é elixir estabilidade fronte ao caos, e orde fronte a desorde” tras insistir en que os populares “non facemos política de palabras senón de feitos”

Feitos como as obras de acceso ao porto de Burela (xa en execución), a nova gardería municipal (tamén en obras), as melloras en instalacións educativas e deportivas (entre elas, a inminente execución dos vestiarios e aseos no campo de fútbol da Marosa e cuberta no colexio Vista Alegre), ás melloras proxectadas no porto pesqueiro e comercial, a nova Capitanía Marítima ou o avance experimentado polo ambicioso proxecto de ampliación do hospital (proxecto técnico definitivo en redacción), ademais dos cursos e obradoiros de emprego, a recuperación de todo un símbolo para Burela: o seu faro, a aprobación do PXOM (que ten posibilitado a realización de todo o demais) ou a baixada de impostos para 2015 (co IBI ao mínimo legal), por citar só actuación impulsadas en colaboración con outras administracións.

González Barcíadefendeu a súa candidatura á reelección para dar continuidade aos proxectos iniciados a actual lexislatura e para que sirva de respaldo veciñal a unha xestión en sintonía coas administracións autonómica e central que teñen efectuado un importante esforzo inversor e actuado con lealdade con Burela e cos seus veciños.