Lugo, 11 de xaneiro de 2015.- O presidente do Partido Popular de Lugo Xose Manuel Barreiro, vén de anunciar que Miguel Ángel Cela González será o candidato popular á Alcaldía de Becerreá.
EXPERTO FORESTAL
Este Enxeñeiro de Montes, nacido no concello lucense de Becerreá, é na actualidade un alto cargo da Xunta de Galicia onde vén exercendo a responsabilidade de subdirector xeral de Prevención e Defensa contra incendios.
A súa carreira profesional sempre estivo ligada ao ámbito forestal, como profesor asociado da Universidade de Santiago de Compostela, no campus Lucense e, durante anos, como xefe do servizo de Montes da Delegación Territorial da Xunta na provincia de Lugo.
DISPOSICIÓN DE SERVIZO E COÑECEMENTO DA ADMINISTRACIÓN
Barreiro puxo en valor a valía política e persoal de Miguel Cela a quen agradeceu a súa disposición por servir aos veciños do concello do que é natural e salientou o experto coñecemento do funcionamento da administración pública e a capacidade de traballo do candidato, afiliado ao Partido Popular desde fai anos.
O PP de Becerreá vén sendo a forza política máis votada nos últimos procesos electorais e afronta a nova cita coas urnas na confianza de afianzar este apoio e facer posible un cambio no goberno local que durante os últimos anos deu mostras de esgotamento e falta de compromiso.