Partido Popular de Lugo

José Yáñez, feliz e satisfeito, porque A Pastoriza recupera o servizo veterinario

O anuncio da Xunta de Galicia, de que reporá o servizo veterinario en A Pastoriza, causou unha gran satisfacción nas ringleiras do PP local.

Foi o portavoz da formación local neste municipio, José Yáñez, quen esta mañá quixo agradecer á Consellería do Medio Rural e do Mar, que fixera posible a petición que a súa formación leva facendo dende sempre.

Lembra o popular que repoñer este servizo foi a principal demanda do grupo municipal popular polo que afirma que o continúo traballo e as xestións do Partido Popular local deron os seus froitos e contribuíron a que A Pastoriza conte dende o vindeiro luns con este servizo.

José Yáñez lembrou que o servizo veterinario é unha auténtica necesidade posto que en A Pastoriza están rexistradas máis de 1.100 explotacións, das que máis de 515 son de vacún.

Concluíu o popular agradecendo ao Goberno galego a incorporación do veterinario para prestar servizo a tódolos veciños do entorno deste Concello.