O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, resaltou esta mañá o forte compromiso que vén de poñer de manifesto a Xunta tras que no Consello celebrado onte se informase do inicio do proceso de información pública do anteproxecto de decreto do plan de conservación do monumento natural da Praia das Catedrais.
O presidente dos populares da localidade agradece esta medida, a que se referiu de “imprescindible” para conservar o principal atractivo turístico do municipio e así lograr compatibilizar a protección deste espazo singular co seu uso e goce por parte da poboación.
López Penabad agrade este instrumento que analiza os riscos e amezas e, polo tanto, regula o uso deste espazo. É dicir, a través de doce liñas de actuación busca preservar favorablemente no tempo e nos anos os valores ambientais deste enclave.
Deste xeito, a Xunta de Galicia está a responder de novo con feitos concretos a unha demanda de veciños e visitantes destinando unha importante dotación económica para lograr esta finalidade a desenvolver nos próximos dez anos.
O popular considera que se está ante un compromiso que se estende a todo o municipio, á comarca, á provincia e toda á comunidade xa que a praia das Catedrais é un dos principias atractivos naturais de Galicia. Ao mesmo tempo, Penabad contrapuxo esta actitude da Xunta de resposta ás demandas públicas ao esquecemento doutras administracións. Por exemplo, o presidente do PP local referiuse á Deputación que botou en contra de alegacións aos orzamentos dirixidas a mellorar os accesos á praias de Barreiros e As Catedrais.
Polo tanto, o presidente dos populares de Ribadeo concluíu ao asegurar de novo que se está ante unha serie de medidas, que se poderán complementar ou mellorar ao abrirse un período de información pública, e que buscan evitar a alteración do hábitat e protexer o futuro deste monumento.