Partido Popular de Lugo

Barreiro: “As familias que teñan ao seu cargo menores ou maiores con discapacidade recibirán axudas de, polo menos, 1.200 euros anuais”

Lugo, 5 de xaneiro de 2015.- O presidente do Partido Popular de Lugo e portavoz do Grupo Popular no Senado, Xosé Manuel Barreiro, salientou hoxe que aquelas familias que teñan ao seu cargo menores ou maiores con discapacidade recibirán axudas de, polo menos, 1.200 euros anuais, segundo o previsto na reforma fiscal aprobada polo Goberno que preside Mariano Rajoy e que entrou en vigor este mes de xaneiro.

Así o explicou o dirixente popular quen salientou que mediante este incentivo introducido no imposto sobre a Renda, se está a realizar unha aposta firme polas familias que precisan dun maior apoio.

Así ao catálogo xa existente dos beneficios fiscais (que xa incluían axudas ás madres traballadoras con fillos menores de 3 anos) se incorporan novas figuras beneficiarias de novas axudas, como son aquelas familias que teñan ao seu cargo persoas con necesidades especiais (maiores ou menores discapacitados) e as familias numerosas, que recibirán un trato fiscal preferente.”

O dirixente popular concluíu sinalando que é preciso seguir “rompendo barreiras” e traballar na atención destes colectivos, de tal xeito que cidadáns e administracións sexan capaces de sumar esforzos e responder aos desafíos e necesidades sociais das familias que afrontan esforzos suplementarios por ter ao seu coidado persoas maiores dependentes ou persoas con discapacidade.

MENOS IMPOSTOS PARA TODOS

Barreiro lembrou finalmente que a reforma fiscal vai moito máis lonxe e “suporá menos impostos para todos, especialmente as rendas medias e baixas”: ao ver reducido todos os tipos nos distintos tramos, manter a progresividade, aumentar os mínimos familiares exentos no IRPF e ampliar ata os 12.000 euros o salario por baixo do cal xa non será preciso  pagar.